Da medida das cousas.
Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada Terra é coma se fora o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto; poderala volver a andar outra vez e máis. Non a has dar andado. E cada vez que a andes has atopar cousas novas e outras has botalas de menos. Pode ela ser pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves. [...]
Do grandor do teu espíritu depende todo; canto máis pequeno sexa máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa Terra, para ti, non terá cabo; nela estará o mundo con tódolos seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; pequeno es ti, que endexamais poderás concebir nada grande.
Vicente Risco (Da medida das cousas)
Páxinas
sábado, 14 de mayo de 2011
XORNADA DA XUVENTUDE 16 MAIO
martes, 10 de mayo de 2011
CANDIDATURA DO BNG DE BUEU
EN BUEU HAI FUTURO
vota bng bueu
O proxecto do BNG para os vindeiros catro anos apoiarase no traballo feito durante o noso mandato. Unha lexislatura caracterizada pola apertura do concello á xente, polo incremento e a consolidación das políticas socioculturais, apostando polo benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas da vila. O noso reto futuro pasa por apostar pola xeración e mantemento do emprego, nuns momentos de dificultade económica e de moito paro. As nosas accións irán dirixidas a fomentar e apostar pola economía local, cunha clara aposta polo turismo de calidade, potenciando os recursos naturais, a nosa cultura e o noso patrimonio marítimo. Uns aspectos que servirán para dinamizar ao pequeno comercio como fonte xeradora de riqueza e emprego. Ademáis non nos esqueceremos de seguir mellorando o benestar da xente, conquerindo novos equipamentos e servizos moi demandados pola cidadanía.
entrevista a Félix Juncal
Félix Juncal
1. Ola bos días unha cuestión non cre que a Bueu non lle fai falta un parque infantil con máis cousas para os rapaces e tamén unha zona canina para as nosas mascotas . Espero que se chega a alcalde estas duas propostas chegen a realizarse moita sorte e boa tarde .
» Ola, boas tardes. Concordo contigo en que si, fai falta un parque infantil e máis zonas de esparcimento. Por isto, se leva traballando catro anos e seguirei traballando se volvo conseguir a alcaldía. De feito, xa temos proxectado un novo parque infantil na zona de As Lagoas, que con total probabilidade se levará a cabo ao longo deste ano.
En canto á zona canina a barallamos como proposta electoral, porque cremos que hai demanda deste tipo de instalacións.
CAMPAÑA ELECTORAL 2011
http://www.facebook.com/botaunhaman
http://www.felixjuncal-bng.org/
http://www.tuenti.com/#m=Home&func=index
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/03/21/bng-proclama-candidato-bueu-juncal-convencido-renovar-mayoria-social/528545.html
http://www.felixjuncal-bng.org/
http://www.tuenti.com/#m=Home&func=index
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/03/21/bng-proclama-candidato-bueu-juncal-convencido-renovar-mayoria-social/528545.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)