1. Ola bos días unha cuestión non cre que a Bueu non lle fai falta un parque infantil con máis cousas para os rapaces e tamén unha zona canina para as nosas mascotas . Espero que se chega a alcalde estas duas propostas chegen a realizarse moita sorte e boa tarde .
» Ola, boas tardes. Concordo contigo en que si, fai falta un parque infantil e máis zonas de esparcimento. Por isto, se leva traballando catro anos e seguirei traballando se volvo conseguir a alcaldía. De feito, xa temos proxectado un novo parque infantil na zona de As Lagoas, que con total probabilidade se levará a cabo ao longo deste ano.
En canto á zona canina a barallamos como proposta electoral, porque cremos que hai demanda deste tipo de instalacións.
2. Ola son veciño de Ons e queria preguntarlle se vostede sabia que hay tres casas que non teñen o servizo de luz ninguna hora o día en conclusión que non teñen luz vostede intaria porlle luz a 12 horas como estan as demais a esas tres casa mentres non se poda cheagar ater luz continua . Un saúdo
» Ola. Estamos pendentes que o organismo titular do vial, Xunta de Galicia, preste atención aos numerosos requerimentos enviados dende o concello e solucione o problema. Dende o concello estamos preocupados polo problema e pola falta de resposta e seguiremos esixindo a súa reparación, que pasa pola construción de dous muros de contención e o remate das beirarrúas entre a Avda. de Marín e a volta do Pino.
3. Hola Sr. Juncal:¿ Quisiera conocer como está el tema de la acera de la carretera/calle Avda de Marín en la zona de Pitis, lado derecho encima del mar? Un saludo.
» Ola. Estamos pendentes que o organismo titular do vial, Xunta de Galicia, preste atención aos numerosos requerimentos enviados dende o concello e solucione o problema. Dende o concello estamos preocupados polo problema e pola falta de resposta e seguiremos esixindo a súa reparación, que pasa pola construción de dous muros de contención e o remate das beirarrúas entre a Avda. de Marín e a volta do Pino.
4. que actuacions ten para a parroquia de beluso???
» Ola. Temos moitas propostas para cada unha das parroquias e lugares do municipio. Concretamente en Beluso, seguiremos completando as redes de abastecemento, saneamento e alumeados públicos, porque cremos que os servizos básicos deben chegar a todos os veciños e veciñas. Tamén seguiremos mellorando os viais que o precisen.
Do mesmo xeito, seguiremos apostando por achegar a cultura, o deporte e o benestar a Beluso, tal e como se fixo ao longo destes catro anos.
Outra proposta é a recuperación de fontes e lavadoiros, así como a rota dos muíños en Bon.
Seguirei visitando e tendo audiencias na Casa do Pobo mensualmente e tamén me acompañarán algún dos concelleiros ou concelleiras, e nos gustaría poder habilitar un punto de información veciñal, turística e cultural de forma permanente na parroquia.
Tamén conseguiremos dar solución definitiva ao problema agravado recentemente de estacionamento no centro de Beluso.
5. como vai solucionar o problema de aparcadoiro no centro de saúde
» Temos xa un proxecto aprobado para crear un área de estacionamento para máis de 30 vehículos enfrente da entrada principal; pero non se puido levar acabo porque é un terreo con moita auga no subsolo e temos que esperar até o verán para poder materializar a actaución.
6. Ola son veciño de Ons e queria preguntarlle se vostede sabia que hay tres casas que non teñen o servizo de luz ninguna hora o día en conclusión que non teñen luz vostede intaria porlle luz a 12 horas como estan as demais a esas tres casa mentres non se poda cheagar ater luz continua . Un saúdo
» Ola. Son coñecedor desta circunstancia e xa dende o primeiro momento lle levo plantexando a Parques Nacionais de dotar esas vivendas de enerxía eléctrica, ao igual que ao resto das casas, sen que até o día de hoxe se teña conseguido. Agora ben, xa hai unha proposta para dotar a Illa de Ons de enerxía eléctrica dende a Península, e será nese momento cando poidamos ampliar o tendido eléctrico até esas casas.
7. bos dias Felix,referente a plantación de arbores na estacada.Non perderiamos unha oportunidade unica de plantar arbores auctoctonos ou susceptibles de formar unhas boas sombras?
» Algunha das árbores que se plantaron son autóctonas. De todas formas todas as árbores parten dun deseño desas zonas verdes realizado pola empresa promotora. Con todo son árbores dun determinado tamaño e que en poucos anos farán que disfrutemos de boas zonas de sombra.
Por outro lado, o concello ten previsto acondicionar todo o entorno do campo de fútbol provisional habilitando máis zonas verdes e teremos en conta a túa recomendación.
8. Invertir 1,3 millóns de euros do PLAN E no campo de fútbol da Graña non lle parece un despilfarro habendo un campo en Beluso que non lle ten nada que envexar o novo campo tras a recente reforma? Con esa partida de cartos faríanse moitas cousas no rural, Sr. Alcalde.
» Non o considero, xa que ese investimento veu dar solución a un dos problemas enquistados dende hai máis de 30 anos. Ademais, nesta última etapa, foi na que máis investimento e actuacións se realizaron no rural, especialmente nos servizos básicos: saneamento, abastecementos, alumeados e pavimentacións. De todos modos concordo contigo en que o rural sigue tendo necesidades e as seguirei resolvendo se volvo a ser alcalde.
9. Por que un goberno local nacionalista non se preocupe de que no festival anual de curtametraxes -de gran calidade, todo hai que dicilo- se prescinda completamente da lingua galega? Todos os subtítulos están en castelán e ata se fan nesa lingua presentacións e tradución das declaracións de convidados estranxeiros. Ten previsto facer algo para mellorar isto?
» Iso non é certo. Hai creado un premio á mellor curtametraxe galega, aínda que non á mellor curtametraxe en galego. O festival ten que consolidarse e crecer, e pouco a pouco pode ir incluíndo novas categorías e premios.
Casi todo o acto transcorre en galego e moitos destes subtítulos son enviados directamente polos participantes.
10. Sr Félix. Existe algunha solución para evitar este ano atropelos na carretera que discurre por loureiro donde con un badén bastaría para que os conductores reduzcan a sua velocidade, en numerables ocasión moi superior os 50 km hora, donde como lle-recordo houbo xa varios atropelos no paso de peatóns case sen visibilidade ninguna por os aparcadoiros os laterais e recordándolle que ahí para un autobús escolar de donde baixan nenos. E por favor non diga que non he competencia do concello, xa que dende o concello poden remitir unha carta de petición a quén corresponda.
» Efectivamente non é un vial de competencia municipal. O pasado ano 2010 foi remitido un proxecto para a mellora dese vial, na que se inclúe a colocación de pasos elevados, á Xunta de Galicia que se comprometeu a financialo en dúas anualidades. Estamos agardando a súa resposta e así poder dar unha solución a ese asunto.
11. Despois de tantos anos de problemas de tráfico e de aparcamento en Beluso, vai propoñer o seu grupo algunha solución?
» Estamos a punto de dar solución a ese problema que nos preocupa moito. Nos próximos días esperamos poder anunciar en que consiste a solución
12. sabe usted que muchos vecinos de Bueu en el outeiro siguen viendo mal muchos canales del TDT apesar de tener el repetidor a escasos 1000 metros , por que entran bien la mitad de canales y otros solo por veces y nos encontramos con el letrero de SIN SEÑAL ? sobre todo Antena 3 , la TVG , canal 10
» É a primeira noticia que teño. Eu son veciño do Outeiro e salvo casos puntuais, cando hai reaxustes, non teño ningún problema coa TDT. Se queres, ponte en contacto comigo e o comprobamos.
13. ¿que opinas da conselleria do mar que prometeu o candidato do PP ¿sera en esta campaña cando se faga a piscina ?
» Recoñecendo que o traballo do mar segue a ser unha das nosas fontes de riqueza e de traballo, penso que centralo exclusivamente nesa área non é suficiente. A labor dun goberno é emprender accións de conxunto, que favorezan a tódolos colectivos: pesca, comercio con que hai que emprender tamén accións de promoción do emprego noutras áreas coma no parque industrial ou no comercio. O importante é que existan accións concretas para apoiar ao sector pesqueiro. En anteriores lexislaturas nós tamén tivemos unha concellería do mar e no actual programa incluímos diversas medidas de apoio ao sector.
Esperemos que sexa unha lexislatura na que por fin, poidamos materializar a piscina, da cal existe un proxecto aprobado e un compromiso firme de cofinanciación por parte da Xunta de Galicia
14. Señor Juncal, quería saber cuanto más tendremos que esperar aquellos que pasamos por Ramón Bares todos los días para dejar de ver una calle llena de baches, sin pintar que no se sabe si es ni de doble carril, etc. También cuando se va a colocar el semáforo para peatones de avd de Cangas en el cruce con C.Salud, porque al no poder pulsar nunca se nos pone en verde a los peatones y es un peligro. Gracias.
» A intención do meu grupo é precisamente ese... continuar coa transformación urbana do Concello que iniciamos hai catro anos coas rúas Castelao, Johán Carballeira, Eduardo Vincneti, Alexandre Bóveda e Francisco Escáneo. Confío que nos próximos meses a Deputación Provincial contrate as obras previstas das cales existe un proxecto xa aprobado
15. Señor Fins Xuncal, non cre que os personaxes públcos dun partido como o seu deberían dar exemplo no relativo á galeguización de nomes e apelidos?
» Agradezo a pregunta pero sinceiramente ese é un tema moi persoal de cada quen. Algúns dos meus amigos non "galeguizan" coma ti dis os seus apelidos por respecto aos seus antergos. Ese tema é un tema demasiado persoal que non está na man do alcalde.
16. Para cuando tendremos un paseo de verdad hasta Beluso y hasta Agrelo Portomayor. Gracias.
» Gustaríame ofrecerche unha data certa. No noso programa electoral seguimos apostando e seguiremos insistindo nese tipo de actuacións, que viñemos xestionando nos últimos anos. Existe un proxecto de paseo marítimo entre as praias de Loureiro e Portomaior que confiamos poida ser executado ao longo dos próximos anos e tamén completar dunha vez por todas un paseo urbano vertebrador entre Pescadoira e a Banda do Río, onde se integrarían a Sala Arqueolóxica de Pescadoira, o Museo Massó e a carpintería de Ribeira. Seguiremos paso a paso até conseguir completar ese gran proxecto.
17. En relacion a festividade do Corpus que fai facer o BNG se volve gobernar para que aumente o número de alfombras que actualmente esta estancado e que ten moita posobilidade de desaparecer esta fermosa festa que ten unha gran atración turistica e cultura para Bueu ???
» Nos últimos anos conseguimos aumentar o número de alfombras que se realizaban na festividade de Corpus e que disminuíra preocupantemente nos anos anteriores. Como corporación, e eu como persoa implícome na confección dunha diante do Concello.
Apoiamos a confección das alfombras de corpus dotando de material (cebada, mimosa...), colaborando nas plantillas e incluso cunha pequena axuda para a compra de material.
Traballamos dende o goberno para que non se perderan as nosas tradicións e mantivemos a organización de diferentes festas (Corpus, Carmen e San Martiño). Neste caso concreto que pregunta, cremos que a festa do Corpus en Bueu ten moito potencial turístico e por iso seguiremos traballando para potenciala.
18. señor,felix juncal :donde estan los pisos de proteccion oficial que vostede prometeu xa fai tempo?ahora que o ayuntamento ten pisos por que vostede quere vendelos en vez de poñelos de protecion oficial para que a xente xoven teña unha casa dizna.as promesas hai que cumplilas
» O Concello non é propietario de casa ou piso algún, a excepción das vivendas que están a disposición dos Mestres. O Concello dispón de terreos sobre os que se contempla a construcción e vivendas de protección autonómica, para o que é necesario que por parte do Concello se proceda á venda de ditos terreos que é o que queremos facer a corto prazo. Ademais xestionamos diante da Xunta de Galicia a súa inclusión no plan sectorial de vivenda que impulsara o goberno anterior.
19. Por que o Concello de Bueu non contou xamais cun Servizo de Normalización Lingüística? Ten previsto o seu partido algo nese eido?
» Existe un compromiso coa normalización lingüística a través do apoio aos diferentes equipos de normalización dos centros educativos. De feito, en conxunto con eles, organizamos unha das edicións do Correlingua dende o ano pasado. Do mesmo xeito, todos os departamentos do Concello están implicados en normalizar o uso da nosa lingua e apostar por ela.
20. ¿Cómo mira vostede o futuro de Bueu?
» Miro o futuro do Concello coa cor da esperanza. Animado e ilusionado por seguir traballando arreo e conseguir, se os veciños e veciñas me brindan de novo a súa confianza, esa transformación que iniciamos hai catro anos.
Traballando ben duro dende o primeiro momento conseguimos sacar a Bueu do vagón de cola, e para o futuro seguiremos a esforzarnos por facer de Bueu un concello do que os seus veciños e veciñas estén orgullosas e do que disfruten tamén os seus visitantes. Un pobo para vivir e para traballar.
Conto cun equipo de xente con capacidade e moi implicada en continuar esa liña marcada hai catro anos.
Agradezo a oportunidade que me brinda o Faro de Vigo e as novas tecnoloxías de poder contestar ás preguntas dos internautas e pola miña parte, simplemente dicirvos que podedes achegarme calquera pregunta ou proposta no meu facebook ou, incluso mellor, en persoa, que estarei encantado de atendervos. Unha aperta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario