Da medida das cousas.

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada Terra é coma se fora o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto; poderala volver a andar outra vez e máis. Non a has dar andado. E cada vez que a andes has atopar cousas novas e outras has botalas de menos. Pode ela ser pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves. [...]

Do grandor do teu espíritu depende todo; canto máis pequeno sexa máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa Terra, para ti, non terá cabo; nela estará o mundo con tódolos seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; pequeno es ti, que endexamais poderás concebir nada grande.

Vicente Risco (Da medida das cousas)


martes, 10 de mayo de 2011

CANDIDATURA DO BNG DE BUEU

EN BUEU HAI FUTURO
vota bng bueu


O proxecto do BNG para os vindeiros catro anos apoiarase no traballo feito durante o noso mandato. Unha lexislatura caracterizada pola apertura do concello á xente, polo incremento e a consolidación das políticas socioculturais, apostando polo benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas da vila. O noso reto futuro pasa por apostar pola xeración e mantemento do emprego, nuns momentos de dificultade económica e de moito paro. As nosas accións irán dirixidas a fomentar e apostar pola economía local, cunha clara aposta polo turismo de calidade, potenciando os recursos naturais, a nosa cultura e o noso patrimonio marítimo. Uns aspectos que servirán para dinamizar ao pequeno comercio como fonte xeradora de riqueza e emprego. Ademáis non nos esqueceremos de seguir mellorando o benestar da xente, conquerindo novos equipamentos e servizos moi demandados pola cidadanía.



medio ambiente

-mellora do entorno natural dos cauces fluviais dos ríos Bispo, Frade e Inferno.
- Continuar apostando polos roteiros arredor dos muíños.

promoción e emprego

-ampliación polígono industrial de Castiñeiras.
-aposta polo turismo e polo pequeno comercio como motores económicos.
-apoiar ao sector pesqueiro potenciando os seus produtos.
-continuar apostando pola formación das persoas desempregadas para a súa insercción.

planifícación urbanística e servizos

-aprobación do PXOM.
-ampliación e delimitación dos núcleos rurais para impulsar a rehabilitación e a vivenda unifamiliar.
-paseo marítimo en Montero Ríos valorizando o patrimonio cultural: sala museística romana de Pescadoira, Museo Massó, Carpintería de Ribeira,...
-completar o proxecto de cualificación urbana: Banda do Río, Pazos Fontenla, Castelao - Canibelos, Matilde Bares.
-ampliación do cemiterio de Bueu.
-potenciación dos servizos municipais dotándoos de máis medios.
-sinalización integral da vila: rúas, prazas e edificios emblemáticos.
-Completar as redes de servizos básicos: iluminación, saneamento e abastecemento.

deportes

-piscina municipal en As Lagoas. Levar a cabo o proxecto xestionado polo Concello.
-nave de deportes náuticos en Pescadoira.
-fomento dos hábitos saudables entre a poboación.
-reforma e mellora do complexo deportivo de O xistro, así como das instalacións deportivas.

cultura

-ampliación do Museo Massó.
-mellora das instalacións socioculturais en toda a vila.

benestar e ensino

-centro de día municipal.
-ampliación escola infantil O valado e reforma integral do CEIP A torre de Cela.
-incremento das axudas ás familias máis desfavorecidas.


CANDIDATURA

1. Félix Juncal Novas

2. Martín Villanueva Pastoriza

3. Laura Ogando Muñiz

4. Andrés Lamosa Barros

5. Elena Cabanelas Loira

6. José Inocente García Cuervo

7. Xosé Leal Fariña

8. Mariña Loira Ave

9. Fidel Castro Quiroga

10. María José Pérez Piñeiro

11. María Teresa López González

12. Mario Riobó Durán

13. María Teresa Magdaleno Rodríguez

14. Ana Isabel Otero Pastoriza

15. Álvaro Pastoriza Camaño

16. Reveca Mónica Gago Sánchez

17. Javier Ferreira Ferradás


suplentes:
1. Míriam Ferradáns Ferradás
2. Manolo Otero Pérez
3. Carlos Otero Portela




No hay comentarios:

Publicar un comentario