Da medida das cousas.

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada Terra é coma se fora o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto; poderala volver a andar outra vez e máis. Non a has dar andado. E cada vez que a andes has atopar cousas novas e outras has botalas de menos. Pode ela ser pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves. [...]

Do grandor do teu espíritu depende todo; canto máis pequeno sexa máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa Terra, para ti, non terá cabo; nela estará o mundo con tódolos seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; pequeno es ti, que endexamais poderás concebir nada grande.

Vicente Risco (Da medida das cousas)


domingo, 17 de abril de 2011

Bloque Nacionalista Galego

Comezaremos con esta entrada na que explicamos sin detalles o que defendemos, como galegos que somos.
O nacionalismo é a resposta contra unha situación de dependencia económica, opresión cultural e política de Galiza que imposibilita a transformación e benestar da sociedade. 
Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.
Defensa da democracia e dos intereses populares.
Necesidade de autoorganización política e social e non dependencia nas relacións de Galiza.
Solidariedade, antiimperialismo, paz e desarme no concerto internacional.
Un modelo social que promova un desenvolvemento socioeconómico contrario á dependencia e a prol do benestar de todo o pobo.
Defendemos a nosa lingua, como símbolo de identidade e riqueza do noso pobo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario