"Algunhas veces topamos con hespañoes de orgullosas apariencias de intelixencia que se burlan dos nosos anceios xenerosos, porque iñoran que Galiza -tan lonxe deles, pero tan preto do novo mundo- pesa e pesará na vida do Estado hespañol.
Estes homes desprezan o futuro e non saben interpretar o pasado. Tamén topamos con algún galego que se sinte fillo dunha patria pequena. A estes galegos convén repetirlles: "¿Dis que Galiza é moi pequena? Eso depende do tamaño do teu espírito. Canto máis pequeno teñas o espírito máis terra precisarás. Se Galiza che parece pequena é porque non tes azos para concebir nada grande".
Teñamos, pois, o espírito grande para sentirnos orgullosos de ser fillos dunha Terra pequena. Por que ou non é verdade que a personalidade da nosa Terra sexa un feito ou a súa alma resplandecerá pola grandeza da alma dos seus fillos."
SEMPRE EN GALIZA, Castelao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario